Reseña en Areal, revista cultural de Sada

21:22 Vanesa Santiago 0 Comentarios

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, de Sada, edita unha revista cultural semestral  chamada Areal. En cada número dedícanlle un espazo a falar do que leron. Aínda que o último número é xa de outubro, non quería deixar de comentalo porque nesta ocasión tocoulle ao fermoso e didáctico O carballo, de Calros Silvar, e a Ninguén lembra


0 comentarios:

Literatura fantástica na biblioteca

23:02 Vanesa Santiago 2 Comentarios

Hoxe visitamos a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña en modo tándem con As Crónicas de Bran, unha experiencia diferente na que xogamos coas palabras e as imaxes, fiando un nobelo fantástico do que resultou unha interesante conversa que xirou arredor da mitoloxía celta, das sagas nórdicas, da wicca, dos pictos, da cultura atlante, da tradición oral vital na transmisión deses mitos, de lendas, de contos; un transfundo que, máis ou menos oculto, enchoupa a cerna das nosas dúas historias, malia desenrolar cadanseu seu enfoque e argumento distintos.

Na captura de pantalla, un chío no perfil das Bibliotecas Municipais da Coruña recolle un momento do encontro.


Foi unha xornada especial na que compartimos vídeos e ilustracións para complementar todo o que falamos. Para quen non viñestes, adxunto unha galería coas imaxes relacionadas con Ninguén lembra, a ver se sodes quen de emparentalas coas esceas coas que se corresponden no libro.

2 comentarios:

Café con 'Ninguén lembra'

00:34 Vanesa Santiago 2 Comentarios

Por unha concatenación de felices casualidades, hoxe pasei unha tarde xenial e completamente inprovisada coas integrantes do club de lectura dos mércores da Biblioteca Municipal Os Rosales, da Coruña, onde lles falei de Ninguén lembra e onde gozamos dunha proveitosa conversa no seu Café con Libros, como reflicten as imaxes que adxunto. Se xa dicía unha tal Daia Dalúa que as casualidades nunca son casuais...


Moitas grazas polo bo rato a Sira, Anabel... e ás implicadas café-libreiras!

2 comentarios: