Sorteo de NINGUÉN LEMBRA

22:38 Vanesa Santiago 0 Comentarios

O 1 de setembro comeza o curso máxico segundo o calendario potteriano, e este ano na lista inclúese como lectura escolar Ninguén lembra, a novela de Vanesa Santiago que permite coñecer ás bruxas e magos maérfilos, posuidores dos cinco dons dos antigos. 

A fortuna acompáñate, porque velaquí chega un sorteo do libro para a xente amiga do fantástico. Vai explicado por pasos:

PARTICIPA NO SORTEO: Queres que Ninguén lembra sexa teu? Comenta neste post ou cítame en twitter co cancelo #sorteoninguenlembra antes do 1 de setembro de 2019 e entra no bombo, e aproveita para contarme que che gusta da literatura fantástica ou cal é o teu libro/saga favorito do xénero. 

APOIA A LITERATURA FANTÁSTICA: Queres colaborar coa literatura fantástica? Sigue as contas en redes sociais de editoras que a fan posible e que fixeron posible que as miñas historias extraordinarias viran a luz. Aquí engado a ligazón en twitter.


RECENSIONA NINGUÉN LEMBRA: Queres recensionar un exemplar en papel de Ninguén lembra sen sorteo? Teño dous libros máis preparados para este fin. Escríbeme a ninguenlembra@gmail.com antes de que se esgoten! 

Nada máis doado para que un exemplar de Ninguén lembra poida ser teu! 


O sorteo realizarase o 1 de setembro, coincidindo co inicio do curso máxico, e está limitado a persoas residentes en España. Ao gañador ou gañadora requirireille os datos persoais para poder enviarlle o libro. Non almacenarei eses datos en ningures.

Que a maerfilia corra polas túas veas!

0 comentarios: