Aprendendo a ler, aprendendo a escribir

14:40 Vanesa Santiago 0 Comentarios

O pasado venres, 3 de maio, presentouse en Sada Ninguén lembra. Foi un pracer inmenso para min atopar entre @s asistentes a persoas que me acompañan día a día, coas que comparto conversas, confidencias e risas desde hai anos. Foi una sorpresa marabillosa compartir esta xornada con aqueles e aquelas ás que, facendo tempo (anos, incluso), que non vía, alí estaban no medio do aforo da capela. Foi fabuloso recoñecer entre a xente a incribles persoas a quen coñecín nos últimos tempos por estas casualidades, talvez nada casuais, que ten a vida. Foi una gozada ver rostros de xente á que non lle sei o nome, pero gustaron de achegarse a escoitar palabras de reflexión sobre o meu longo relato. E, xunto a todos eses encontros fabulosos, foi terriblemente emocionante atopar sentado entre eles a Luis.

Supoño que á maioría de vós o nome non vos dirá nada, pero foi una das persoas que alicerzou o meu apego pola lectura. Mais eu non lle chamaba Luis naqueles anos, chamáballe “profe”. E, aínda que xa sabía ler e escribir dun xeito rudimentario cando me deu clase (por varios cursos), se non fose por cousas como a biblioteca de estupendos libriños que puxo á nosa disposición na aula ou as lecturas dramatizadas de historias esmendrellantes como a de Orla Tragarranas hoxe non tería aprendido a ler e escribir como o fixen.

Por certo, o outro día esquecín recomendarvos Orla Tragarranas


0 comentarios: