Ninguén lembra

19:06 Vanesa Santiago 0 Comentarios

- NINGUÉN LEMBRA (Urco, 2013)

Sinopse: Daia Dalúa cruza Europa nun tren que a levará cara a un destino frío onde coñecerá a calor dos amigos. Con eles, deberá descubrir que se agocha tras o po centenario dun libro laretas que lles pide axuda para salvar á Degon Aerinaira. Mais, quen é a Degon Aerinaira? Poden fiarse da mensaxe dun libro que se dedica a posuír, a dicir de Daia, a incautas alumnas de primeiro como Fiona, a súa irmá? Foi casualidade que aquel vello libro caese nas súas mans? Mais Daia non cre nas casualidades. Se ti tampouco cres nelas, mergúllate nesta historia que ninguén lembra para coñecer a resposta. Ao cabo, non é casualidade que esteas a ler este anticipo... Us kroguinin, Degon Aerinaira? Onde estás?...

Como conseguilo: É moi sinxelo! Podes mercalo a través da Internet na páxina web de Urco Editora ou ben pregunta por el na túa libraría habitual.

Escaparate dunha libraría de Sada.


Hancho conseguir, en caso de non telo!



0 comentarios: