'Ninguén lembra' será traducido ao alto élfico
Hai uns días recibín a
proposta pouco común dunha lectora de Ninguén
hembra entusiasta do universo Tolkien. Ao parecer, no seu tempo libre dedícase
a estudar o quenya, unha das ideolinguas de O Señor dos Aneis, con algúns amigos, e
de cando en vez recollen fragmentos de libros que lles gustan e os traducen ao
alto élfico como un xeito de practicar; a súa intención sería, pois, probar a traducir algún anaco de Ninguén lembra á lingua tolkiana. Por suposto, respondinlle que sería un pracer e un orgullo ter esa
tradución nas miñas mans, aínda que non sexa máis que dalgún fragmento, e pregunteille se podería compartila no meu blog.
Hoxe respondeume que si, así que en canto a teña disponible poderedes gozar de Uuner enyala (Ninguén lembra en quenya) o mesmo ca min. Xa me tarda!
Déixovos cunha bela versión da canción quenya Namárie, Adeus, tamén coñecida con outros nomes como O lamento de Galadriel ou Canción dos elfos de alén do mar.
Déixovos cunha bela versión da canción quenya Namárie, Adeus, tamén coñecida con outros nomes como O lamento de Galadriel ou Canción dos elfos de alén do mar.
0 comentarios:
Publicar un comentario