Repaso autoliterario a 2019

16:52 Vanesa Santiago 0 Comentarios

Este ano foi intenso en canto a produción literaria, empezando coa publicación do meu primeiro libro en castelán, a novela curta de ciencia-ficción Memoria de Nosotros, e xunto a ela chegaron tamén en castelán os relatos La danza de los tres soles (que pode ademais escoitarse como audiorrelato) e La puerta del norte, integrado no volume nadalicio dixital Maravillosa Navipuaj. A carón deles, en galego publicouse no último número da revista de relatos Contos Estraños Sete anos menos un día, que nos fala de "Visitantes de alén da morte".
E 2020 promete ser, cando menos, igual de intenso. 
Ímonos lendo!

Novidades deste decembro, acabadas de saír do forno

0 comentarios: