SOBRE MIN

16:04 Vanesa Santiago 0 Comentarios

VANESA SANTIAGO VÁZQUEZ

Curiosa, lectora e escritora, por esa orde. Tamén bibliotecaria, blogueira, e colaboradora na Asociación Irmáns Suárez Picallo, de Sada.

Nada en Fontán (Sada) en 1983. Titulada en Biblioteconomía e Documentación, estudos e traballo leváronme a vivir en Ferrol e Lugo. Actualmente resido de novo na bisbarra de A Coruña, e compaxino o emprego en bibliotecas, o activismo cultural e a escrita.

Baixo o meu nome poderedes atopar novelas (Ninguén lembra, 2013), relatos e algún que outro verso, malia que non me considero poeta. En 2017, recibín o I Premio Illa Nova de Narrativa, da Editorial Galaxia, por A vida sinxela de Marcelo FirmamentoEn castelán, podedes ler a miña novela curta Memoria de Nosotros e uns cantos relatos. 


[Autoría da foto, Eva Vieites]

0 comentarios: