Ser muller

19:06 Vanesa Santiago 0 Comentarios

O mesmo mar rompendo contra as veas

Igual soñar contra rexas cadeas


Ser home

é, de día, batir penas

e choralas de noite

Condenada está a muller

tocada dende nacer

polo antigo estigma de Eva 


Un aborto

entre fetos de homes

Sentir longo

De pedras que proen


Unha aperta

tras tea agochada

Man aberta

na face morada


Pranto escuro

pola marcha do fillo

Groso muro

onde debía haber millo


Ser muller

É ser unha entre homes

É ter fe

É ser lúa entre soles

É ser aborto longo

e aperta aberta

É odiar muros escuros

e amá-los fillos

mentres a vida avanza

e medra o millo.

0 comentarios: