Literatura fantástica na biblioteca

23:02 Vanesa Santiago 2 Comentarios

Hoxe visitamos a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña en modo tándem con As Crónicas de Bran, unha experiencia diferente na que xogamos coas palabras e as imaxes, fiando un nobelo fantástico do que resultou unha interesante conversa que xirou arredor da mitoloxía celta, das sagas nórdicas, da wicca, dos pictos, da cultura atlante, da tradición oral vital na transmisión deses mitos, de lendas, de contos; un transfundo que, máis ou menos oculto, enchoupa a cerna das nosas dúas historias, malia desenrolar cadanseu seu enfoque e argumento distintos.

Na captura de pantalla, un chío no perfil das Bibliotecas Municipais da Coruña recolle un momento do encontro.


Foi unha xornada especial na que compartimos vídeos e ilustracións para complementar todo o que falamos. Para quen non viñestes, adxunto unha galería coas imaxes relacionadas con Ninguén lembra, a ver se sodes quen de emparentalas coas esceas coas que se corresponden no libro.

2 comentarios:

Me han encantado las demás propuestas.:)

O certo é que non teño queixa de ningunha ilustración. E na túa en concreto o medallón pentapétalo nas mans da cativa brilla con luz propia, cunha reminiscencia fractal que parece que me sacaches do maxín... ;)