As meigas tomaron o Mercado de Santo Agostiño

23:50 Vanesa Santiago 0 Comentarios

Onte, sábado, 26 de novembro de 2016, desenvolveuse no Mercado de Santo Agostiño de A Coruña unha actividade moi especial: Laborando, Feira de Proxectos de Vida Feministas, onde se deron cita artesás, activistas de organizacións non lucrativas, pintoras, mulleres valentes defendo o seu pequeno negocio... e, entre elas, acudimos á cita un bo número de escritoras e poetas convidadas pola Livraría Suevia.
Ante unha proposta tan especial, non nos quedou outro remedio que rendernos á suxestión e pasarnos por alí, tendo unha servidora o privilexio de compartir espazo durante media hora con Andrea Barreira Freije, autora de Non hai luz sen escuridade, validando os pasaportes de meigas daquelas amigas que se achegaron a compartir con nós o Obradoiro para a bruxa moderna. Grazas a todas as persoas que se interesaron por el!
As fotos, cedidas por Andrea Barreira, foron tomadas polo compañeiro nesta andaina de escribir Xosé Duncan.

Andrea e Vanesa, orgullosas cos pasaportes
que certifican o que moita xente sospeitba:
que algo de meigas teñen.

Con Ermitas, da Livraría Suevia, que colocou
Ninguén lembra e Non hai luz sen escuridade
nun lugar privilexiado do seu posto.

0 comentarios: