A escritora Antía Yáñez xa forma parte do palmarés do Illa Nova

17:12 Vanesa Santiago 0 Comentarios

Cruce de sensacións neste día completo, signiticativo 14 de abril, entre unha mañá bibliotecaria de contos e cantos, un emocionante xantar de celebración e despedida, e unha viaxe a Vigo. Unha viaxe feliz, de morriña, de espera, de curiosidade, e de encontros. Por fin teño compañeira de palmarés do Premio Illa Nova de Narrativa de Galaxia. E con enorme ilusión lle entreguei onte en Vigo o galardón que a acredita como gañadora do Illa Nova 2018. Ela é Antía Yáñez, e promete unha novela forte, "Senlleiras", protagonizada por mulleres en loita contra a violencia machista. Mellor relevo, imposible. Outra vez máis, en hora boa, Antía!

Antía Yáñez co galardón do Illa Nova 2018, obra de Basilisa Fiestras, e o cheque. Non podía deixar de aplaudir. Parabéns! Imaxe de Editorial Galaxia.

0 comentarios: