Os límites de Fantasía

00:34 Vanesa Santiago 0 Comentarios

Alguén dixo unha vez, un tal Michael Ende, que Fantasía non ten fronteiras. Non sei que pensar desa afirmación. Ás veces coido que si as ten, fronteiras irremediablemente versátiles pero que acaban topando co muro da nosa propia mente. Logo decátome de que a fantasía é un animal metamorfo, cambia de aspecto, constrúese unha e outra vez, e salta ese muro da nosa mente para invedir a doutras persoas. Logo, decátome de que Michael Ende estaba no certo: as fronteiras na fantasía non existen.

Quizáis equivócome, nunca dou nada por verdade absoluta, mais é unha cuestión que da para falar moito, unha cuestión da que hoxe falamos no Café Universal, en grata compaña, e da que derivamos noutros moitos tópicos e temas arredor da fantasía. Unha boa conversa, ao meu ver, para dar por inaugurado un ciclo de literatura fantástica ao que lle auguro un futuro cargado de debates apaixonantes. Xenial!

Déixovos un collage de imaxes da xornada para darvos envexa. Se a envexa é moita, non vos preocupedes: o 19 de novembro teremos unha nova cita na Coruña! Xa irei dando detalles...



0 comentarios: