Fantasía no Café Universal

13:42 Vanesa Santiago 0 Comentarios

Cada martes, caendo como as follas do outono e as folerpas-letras de inverno, a fábula e o misterio tomarán o Café Universal da Coruña, e Ninguén lembra non podía faltar á cita. Este 29 de outubro, ás nove da noite, ven gozar dun café quentiño (ou o que mellor che preste) e unha boa conversa arredor dunha historia esquecida. 

Tras esa inauguración de traca, falarase, martes tras martes, nun ciclo de sete, de cousas tan arrepiantes como a literatura gótica e os monstros do noso interior, aquilo que da medo como a aldea, os bichos e o sexo, de sadismo, masoquismo e un chisco de amor, de steampunk e ciencia ficción, e, como colofón, da fantasía épica que morde as páxinas de As Crónicas de Bran.

Espérovos, xente curiosa, para fedellar na alma da literatura! (lido no cartaz que podedes ver abaixo)


0 comentarios: